Este domingo non todo vai a ser votar, ademáis é posible comer ben. Así o podes facer se vas pola parroquia de Pontellas, en O Porriño, que celebra a VIII Festa da Zorza. Os actos comezaron o pasado martes coa preparación do adobo de máis de 800 kilos de carne de porco, para elaborar as racións, que serán a 6 €, e inclúen, ademáis da cunca de barro de recordo, pan, viño e, por suposto, a exquisita zorza.
A organización espera repartir máis de 2.500 racións entre todos os veciños que se acerquen a degustar esta tapa de zorza frita ou tamén en empanada.
Na xornada non faltará a música tradicional galega, xa que actuarán dúas agrupacións desta parroquia, o grupo de gaitas e a Rondalla da Asociación Cultural de Pontellas.
O lugar elexido para a cita gastronómica é o recinto da Asociación do Centro Cultural de Pontellas. A degustación da zorza e da empanada comezará a partir das 11:00 horas da mañán ata as 15:00 da tarde. En caso de mal tempo o recinto estará cuberto por unha carpa.