Comarcas

As Neves promove un curso para o coidado de persoas enfermas, maiores ou con enfermidades coma Parkinson ou Alzheimer

Carmen Bianchi, flanqueada polo alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, e a concelleira de Benestar, María del Carmen Gil

Buscar saídas laborales, reciclarse, coñecer novas técnicas e labrar unha posible profesión. Eses son algúns dos motivos que levaron 15 persoas,  na súa meirande parte de As Neves,  a cursar o Curso de Atención Sociosanitaria a personas dependientes e Instituciones Sociales que, promovido polo propio Concello e subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta, desenvolveuse nesta vila os últimos catro meses e foi clausurado este xoves pola xefa territorial de Vigo da Consellería de Traballe e Benestar, Carmen Bianchi,  o alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, e a concelleira de Benestar, María del Carmen Gil.

O mesmo, consistente en 478 horas teóricas, 80 delas prácticas, que se desenvolveron nas aulas do propio Concello e nos Centro da Terceira Idade de Salvaterra e Doral, en Vigo, achegou aos asistentes coñecementos para o trato con persoas maiores, con problemas de mobilidade, discapacitados ou deminuidos físicos e psíquicos, e a súa problemática concreta.

As asistentes ao curso durante unha das clases

“Os coñecementos que adquirimos aquí nos axudarán a poder traballar en residencias da terceira idade, centros de día, servizos de axuda a domicilio, teleasistencia ou para atender a cada persona, na súa casa de xeito individual”, aseguran varios dos asistentes ao curso. Para acceder ao mesmo, segundo nos explica a tenente de alcalde, é necesario estar inscrito no Servizo Galego de Emprego coma desempregado e pasar unha selección, ainda que o mesmo está pensado para personas con ou sen experiencia no ámbito de que se trata.

As e o alumno aprenden a tratar a personas con parkinson, demencias, retrasos mentales, con imposibilidades para desenrolarse por sí mesmo, ou carencias, doentes de enfermidades cerebrovasculares, alzheimer, coñecer os efectos da enfernidade, “que son distintas en cada persona”, adaptarse a elas, e “procurar facerlles a vida máis doada”. En opinión de todos os alumnos esa é a finalidade da formación, “o esencial é darlles cariño, apoio, compañía, ademáis de axudarllas a lavarse, a moverse ou a facer uns exercicios determinados”, comentan.

O curso estivo dividido en unha parte teórica e outra prácticaAínda que para moitos era a primeira experiencia neste campo, a mesma resultou moi gratificante xa que “entendes moito mellor o que sufre unha persoa que non pode valerse, aprendes a falar con ella, a darlle dignidade, a atendela e coidala…hai una implicación persoal que vai máis alá do traballo, subliñan. Eso sí, as cousas nunca son doadas e hai que saber daptarse ao carácter de cada un. “Hai que ter paciencia, sentido do humor, empatía e complicidade”, aseguran.

Con todo iso, máis os coñecementos adquiridos, os responsables do curso creen que o mesmo proporciona unha “formación sólida” no eido teórico, formación que, indican “ten que ser continuada”, ao marxe da experiencia, xa que logo os avances, os estudos, as técnicas no que se refire a determinadas doenzas, “avanzan cada día e a súa correcta aplicación ten coma primerios beneficiarias ás persoas que temos que axudar”.

Sí que coinciden este home e estas catorce mulleres, en que habería que levar este aprendizaxe ás familias nas que, segundo poideron ver, hai unha falla moi importante de información. As familias son as que están máis en contacto cos pacientes, son os que máis sofren a súa situación, e estar mellor informados axudaríalles tamén a eles”.


 

También te puede interesar