Galicia

Aínda non o sabes: tes que comprar condóns!

Galicia rexistrou o ano pasado 163 novos casos de infección por VIH, dos que case a metade foron en relacións sexuais entre homes que, unha vez máis, é a primeira causa de transmisión na Comunidade. Os datos foron presentados este mércores polo director xeal de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Manuel Varela indicou que o número de novos casos de VIH entre homes foi de 132 fronte a 31 de mulleres sendo, nos dous casos, a vía sexual a prioritaria, con 26 casos en mulleres e 109 en homes.

Varela salientou que a transmisión homosexual entre homes acadou os 74 casos, o 45% tototal. Por provincias, A Coruña foi a máis afectada, con 94 novos casos en 2010, seguida de Pontevedra, con 51; Lugo, con 11; e Ourense, con sete.


 

También te puede interesar