Vigo al minuto

Esquerda Unida pide á volta a xestión municipal do suministro de auga

EU lembra que en Francia, dende 2000, e tras centos de denuncias dos procesos de privatizacións dos anos 80 e 90 (alguns deles con condenas de cárcere como no caso da privatización do servicio de augas de Grenoble), centos de concellos franceses están recuperando o servicio municipal de augas, entre eles París que dende 2010 xestiona públicamente o servicio ao entender que o custe de xestión privado era un 25% máis elevado.

Esquerda Unida pide que este mesmo modelo (evaluación real do custe privado) se aplique a AQUALIA para evitar o sobrecuste aos veciños e veciñas por intereses especulativos privados.

Para o coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, de non derrotar o anuncio do goberno do PSOE en Vigo de ampliar ate 2020 a concesión a empresa privada AQUALIA do servicio de augas e saneamento de Vigo, (concesión que remataba en 2015) “estaríamos diante dunha oportunidade perdida para facer deste servicio non un negocio senón un xeito sostible, social e público orientado ao interés xeral da cidade”. EU, engadíu Rubén Pérez, “repartirá miles de pasquíns na cidade explicando as posibilidades de outra política pública de auga e saneamento”.

Pérez indica que a finalización da concesión de AQUALIA en 2015 é un momento idóneo para plantexar a volta a unha Empresa Municipal de Augas e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o “artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Porque deste xeito podemos xestionar adecuadamente a demanda de auga nos fogares, oficinas, hostalaría, comercios e empresas coñecento previamente o consumo de auga e comparalo co consumo medio diario por persoa”.

Hoxe unha familia que consuma 10 m3 paga 34,24 €/bimestre e unha familia que consuma 30 m3 paga 38,42 €, “esa pequena diferencia se debe sólo ó canon de saneamento”, xa que “por abastecemento, saneamento e cota fixa páganse 32,15 € ainda que teñas a casa pechada”, o que quer decir que “se consumíramos o que pagamos os nosos encoros estarían vacíos”.

Para EU, dende un punto de vista social, dado que se trata dun recurso vital, sería lóxico que houbera un consumo mínimo gratuíto, e partir de haí unha forte progresividade da tarifa de xeito que se incentivase o aforro de auga, e pagase máis en termos absolutos e relativos, quen máis consume.

“Si houbera un suministro de auga non potable para uso industrial, agrícola e gandeiro, aforraríase enerxía e poderíase suministrar auga máis barata para estes usos”. Aínda que para regadío deberase utilizar a procedente do sistema de regadío: ese suministro sería máis factible si existise en Vigo unha ordenación do territorio que permitise a localización e concentración desas actividades.


 

También te puede interesar