Galicia Vigo al minuto

O Naval sae a rúa e lémbralle a Rajoy o seu compromiso de atender ao sector

Os traballadores do Naval volveron a manifestarse este xoves en Vigo percorrendo varias rúas da cidade antes de concentrarse diante da Delegación da Xunta. Novamente sixiron unha solución para rematar co actual bloqueo do ‘tax-lease’ que está a levar ao sector ao peche definitivo.

Os representantes sindicais reivindicaron que se aplique aos astilleiros da Ría o mesmo sistema fiscal que se ven aplicando en Francia dende hai anos e salientaron a urxencia de que haxa un cambio na fiscalidade española, cambio que ten que ser aprobado coa máxima celeridade polo novo Parlamento que se constitue en dúas semáns.

Por elo, e lembrando que Rajoy comprometeuse cos sindicatos a tratar axiña o problema, demandan do próximo presidente que faga a daptación da fiscalidade ao sistema francés directamente dende o Ministerio de Facenda; deste xeito, indicaron, mandará unha mensaxe aos bancos “que o sistema xa é aplicable porque vai a ser aprobado”.

Se fose así, incluso as empresas que neste intre teñen presentado un Expedente de Regulamento de Emprego (ERE) de extinción, poderían agardar xa que habería unha posibilidade de que tivesen traballo a curto prazo.


 

También te puede interesar