Que o mel de o Condado Paradanta é unha das máis aprezadas do país, non era un segredo…e agora xa o é a voces. A derradeira deuna a X Cata de Mel de Galicia, organizada pola Consellería de Medio Rural e o Consello Regulador Mel de Galicia, na que o mel do Condado acadou a medalla de prata na categoría de meles multiflorais, só por detrás de Veiga Florida de A Rua (Ourense) e por diante da afamada O Trobo Mel do Valadouro (Lugo).
Este ano participaron no certame un total de 21 meles (5 monoflorais 16 multiflorais) pertencentes a 16 industrias envasadoras de indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.
Entre os catadores encargados de elixir as meiores estaban o director do programa ‘Come e fala’, da Radio Galega, Xosé Manuel García; a doctora en Farmacia e profesora de hixiene, nutrición e dietética do Centro Superior de Hostelería de Galicia, María Elena Álvarez Piñeiro; o periodista e escritor gastronómico Miguel Vila Pernas, ou a enxeñeira agrícola de Industrias Alimentarias Mariela Barca Villarta.
A entrega de premios tivo coma marco o hotel Carlos 96 de Melide donde, nun acto presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, 25 productores foron distinguidos pola calidade dos seus productos.
O recoñecemento do mel do Condado Paradanta, tivo en consideración o seu sabor e textura, cor e presenza en boa parte debida á grande diversidade de flora melífera, composta polo eucalipto, as árbores frutais, coles, castiñeiros ou carballos do Condado que garanten a produzón de mel dende febreiro a agosto, coma poden degustar os milleiros de persoas que a compran dentro e fora de Galicia e milleiros máis que asisten cada ano á Festa do Requeixo e da Mel de As Neves, considerada unha das máis salientables do país.