Galicia Vigo al minuto

O 94,5% da electricidade consumida en Galicia provén de enerxías renovables

Os datos proceden dun estudo realizado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Segundo unha nota da Consellería de Industria, da que depende o devandidto instituto, esta porcentaxe “supón case que multiplicar por cinco o obxectivo marcado pola Unión Europea para este mismo año, que era do 21%”.

Asi mesmo, continúa a nota, os datos duplican os da media do Estado en 2010”, que foi do 40,4%, de xeito que Galicia acada, “casi cinco anos antes” o obxectivo fixado para 2015 e que era que “o 95% da electricidade consumida na comunidade procedese de enerxías renovables”.

Industria engade que o fomento destas enerxías é “un dos eixos da política enerxética galega” xunto co aforro, a diversificación de fontes e a eficiencia enerxética.


 

You may also like