Comarcas Galicia

O pavillón de Covelo leva dez días sen luz por falla de pago do Concello

Non hai luz. Esa é a verdade, por moito que a nege o alcalde. Iso asegura a oposición do Concello de Covelo quen ven de denunciar que hai 10 días non se pode facer deporte no pavillón municipal logo de que lle fose cortado o suministro de electricidade por impago. A débeda, segundo os datos que manexan os partidos contrarios ao alcalde, o popular José Costa, é de preto de 282.000€, e corresponde a varios exercicios, segundo consta nas cartas de aviso que enviou a compañía.

Ate o de agora o problema solventouse cun xenerador, pero trátase dunha solución provisional. Ao parecer, foi o delegado da Xunta, José Manuel Cores, quen negociou coa compañía suministradora, á que propuxo un plan para o pago da débeda en varios anos. Ademáis, solicitou do goberno local un plan de aforro que, polo de agora pasa polo cambio da iluminación: quitar as luces actuais e poñer outras de baixo consumo.


 

You may also like