Galicia

Blanco pide a Rajoy que manteña as inversións do AVE a Galicia

O ministro de Fomento en funcións, ven de incitar ao novo Goberno, que tomará posesión en 15 días, a “manter a inversión da Alta Velocidade a Galicia para que o AVE chege a Galicia en tempo e forma”. O lucense José Blanco, nun discurso pronunciado na inauguración da alta velocidade galega, nunha viaxe entre A Coruña e Ourense, pediu que “loitemos porque entre os galegos ten que ser máis o que nos xunta que o que nos separae lembrou “as persoas imos e vimos, pero as obras quedan”.

Blanco, que estivo acompañado polo presidente da Xunta, agradeceu a aportación, a “este feito histórico que queda xa para a lembranza”, de todos aqueles que fixeron posible que o tren de alta velocidade circule xa por Galicia.


 

También te puede interesar