A nova foi comunicada hoxe pola Confederación Intersindical Galega (CIG), logo da volta á mesa de negociación dos empresarios. Nunha nota, a central sindical salienta que a folga, prevista para o día 15 e ao que estaban chamados 5.000 traballadores dos hospitais, clínicas privadas, laboratorios, axuda a domicilio e consultorios médicos, foi desconvocada logo de que a representación empresarial, retirase a súa proposta de supresión da paga de vinculación que supuña unha perda media duns 1.000€ anuais por traballador.
En troques, ven de presentar unha nova proposta na que se contempla a permanencia desta paga así como o compromiso de mudar a actitude que posibilite chegar a acordos satisfactorios para ambas partes, quedando fixada a vindeira xuntanza para o dia 12 de xaneiro do 2012.