É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs profesores galegos, concentrados no ensino público
E é que están convocados este xoves a participar en concentracións para protestar contra os recortes na educación pública galega. Os sindicatos CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT, ANPE, STEG y CSI-F acortaron celebrar as devanditas concentracións nos centros antes de comezo das clases e nos recreos ao tempo que manterán visibeis as pancartas colocadas nos mesmos.
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, salientou que a aplicación das modificacións de horarios trouxo coma consecuencia o despido de 1.000 docentes, a eliminación das unidades educativas e un empobrecemento na atención aos rapaces con necesidades especiales. Ademaís denunciou que a baixas laborais non se cubren e que a Consellería de Educación xa recoñeceu, nos orzamentos para o ano que ven que contará con 587 profesores menos.
As centrais subliñan que houbo un recorte brutal en orientadores de Primaria e máis de 50 vacantes sen cubrir en Secundaria, sexa por xubilación ou enfermedade, o que supón máis de 100 postos valeiros, algo que xa se produce dende finais do mes pasado. Os sindicatos esixen á Xunta que se sente a falar cos profesores logo de comprobar que as comisións de seguimento dos acordos non se xunta, aínda que se teña pedido en reiteradas ocasións.