O Nadal xa comezou en As Neves o pasado fin de semán, co ‘Concerto de Corais’ no que actuaron, no Auditorio Municipal Vázquez Portomeñe, a Coral Breogán de Toén, Vagalumes, de Nigrán e Santa María de As Neves, un espectacular aperitivo do que chega este xoves, día 22, no mesmo escenario (19:30 h.), co Concerto a cargo dos alumnos e alumnas da Escola de Música Municipal, unha das máis afamadas de Galicia e da que xa sairon moitos dos músicos máis representativos do país.
O día de Nadal, domingo, ás 7 do serán, a actuación correrá a cargo da Banda de Música Popular de Rubiós, ven coñecida por todos aqueles que acuden cada ano á Festa do Requixo e do Mel.
Dende o día seguinte, luns 26, e ate o venres 30, empeza o Taller de Manualidades para nenos de 6 a 10 anos que estará adicado, na súa totalidade, ao traballo con motivos do Ndal. Os interesados poden inscribirse ate o xoves, 22, no Centro Social ou chamando ao 986 66 71 34, e poden ter coma referencia das manualidades que se fan en eles e do aprendizaxe dos rapaces as actividades que o Concello levou a cabo este mesmo verán ás que acudiron máis de medio cento de rapaces.
O Xoves 5 de xaneiro do novo ano, as Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, achegaranse á vila ás 4 e media do serán para saudar aos máis pequenos xusto antes de empezar o reparto dos regalos e xoguetes pola noite. Os Reis, que sairán da Escola de Música e percorrerán as principais rúas, recibirán aos nenos e nenas no Pavillón Municipal, onde entregarán uns agasallos. No mesmo pavillón continuará a festa con xogos, hinchables e obradoiros.