Galicia

Rajoy non da datas para a chegada do AVE a Galicia

O recén investido presidente do Goberno central non foi quen de dar prazos para a finalización do AVE a Galicia. Na derradeira sesión do debate de investidura, Mariano Rajoy respostou á intervención do deputado do BNG Francisco Jorquera que o seu compromiso era rematar a conexión coa Meseta “con prazos reaies, sen mentir a ningén e o antes que poida. Iso é todo o que podo prometer agora, dixo Rajoy.

O presidente engadiu que “o que non vou a anunciar é que o AVE estará rematado en 2009, 2012 ou 2015, non penso enganar a ninguén nen xerar falsas expectativas coma aoutros gobernos aos que vostede deulles o seu apoio”.

Jorquera, pola súa banda, lembroulle a Rajoy que en abril de 2001o goberno de Aznar, “do que vostede formaba parte” suscribiu un acordo con Fraga polo que se comprometía a que o AVE chegase en 2007; Aznar retrasou a data a 2009 e a do ano 2015 “foi establecido nun acordo entre o ministro Blanco e Feijóo, vostede non pode falar coma si non tivese nada que ver cos devanditos compromisos”.

Polo que se refire ao Naval, o novo presidente comprometeuse a negociar con Europa para o levantamento do veto á construcción civil “nalgúns dos asteleiros e, logo de recoñecer que o sector, “que coñezo ben” pasa por atrancos moi serios, acusou ao goberno Zapatero de non ter posto en marcha un sistema alternativo ao tax lease, ao tempo que salientou que faría todo o que esté nas miñas mans” para acabar con esta situación.


 

También te puede interesar