Iso o ven de asegurar a Confederación Intersindical Galega (CIG) quen sinala que Covadonga Toca, nova secretaria xeral do IGAPE, terá que comparecer no Xulgado do Social de Santiago por “despidos improcedentes, acoso laboral e represión sindical”, presuntamente cometidos cando traballaba coma xerente na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenrolo Tecnolóxico de Galicia.
A CIG sinala, nunha nota, que “o historial de Covadonga Toca dista moito” da definición que da dela a Consellería de Economía e Industria, “unha profesional que destaca pola súa eficiencia e seriedade” e considera que, “á vista dos procesos que terá que enfrontar” o seu nomeamento para o Instituto Galeho de Promoción Económica (IGAPE) “é unha fuxida cara adiante para evitar responsabilidades no ente público que xestionaba na actualidade”.