Así o asegura un estudo de Arval, compañía especializada en renting. No conxunto do Estado, esta xestión aforraría ás administración autonómicas preto de 70 millóns (máis de 11.600 millóns das desaparecidas pesetas).
O custo medio de compra dun coche por renting é de 18.500 € fronte aos máis de 22.500 que sae, o mesmo vehículo, en compra directa, o que significa un aforro de 4.500 € por coche, salienta Arval.
O estudo contrasta que hoxe só unha terceira parte dos 100.000 coches que teñen as Administracións Públicas está no réxime de aluguer a longo prazo, con servizos de mantemento e reparación engadidos. Exactamente, unhas 2.000 entidades públicas son as propietarias do 5% dos coches de renting que circulan polo país sendos os concellos, co preto de 1.500, os principais usuarios destes vehículos.