Nunha nota achegada aos medios a Confederación Intersindical Galega (CIG) desminte que, coma ven de anunciar o Goberno, as persoas afectadas pola conxelación do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) en 2012, sexan 180.000. A CIG sinala que propio Ministerio, a Comisión Consultiva de Convenios e todos os Organismos Autonómicos paritarios de Control da Negociación Colectiva aceptan, que “a incidencia de asalariados que non teñen o seu traballo regulado por un Convenio Colectivo é superior ao 15%, por tanto, esta porcentaxe estaría próxima aos 2, 5 millóns de asalariados”.
A central sindical salienta que o SMI regula os salarios de todos os contratos no modelo de Formación e prácticas, e que a incidencia destes contratos, “recoñecida polo Ministerio de Traballo é superior ao 4% do total de asalariados”, ou o que é o mesmo, 680.000 traballadores. Ademáis, o Salario Mínimo intervén na determinación das bases mínimas de cotización da Seguridade Social, “potencialmente todos e todas que perderán o traballo antes da idade legal de xubilación e permanezan no subsidio sen alternativa de contratación”, ademáis de desempregados e pensionistas de viuvez, orfandade etc, para o acceso e mantemento da prestación ao que hay que engadir que tómase de referencia para para establecer os límites na compensación do FOGASA en salarios e indemnizacións por despedimento, “no ano 2011 mais de 600.000”.
Na opinión da CIG, “o Ministerio de Traballo mente, e se realmente afectase a 180 mil persoas, como indica, e non tivera incidencia sobre as prestacións públicas, non tería sentido no recorte do gasto aplicar a conxelación do mesmo”.