Galicia

A Xunta rebaixará dos 16 aos 14 anos a idade para ter unha licenza de caza

A nova Lei de Caza da Xunta rebaixa de 16 a 14 anos a idade mínima para obter unha licenza co fin de “garantir o cambio xeneracional nesta actividade”. Así o dixo este luns o conselleiro de Medio Rual. Samuel Juárez, quen compareceu en rolda de prensa, indicou que o texto da lei xa ten a probación do goberno galego e do Comité Galego de Caza.

Juárez engadiu que o 60% das máis de 53.000 licenzas de caza vixentes en Galicia pertencen a maiores de 40 anos de idade e subliñou que a rebaixa de idade para obtar ás mesmas impedirá que se perda unha práctica na que os seus afeicioados envellecen ano a ano.

“Hoxe, os cazadores son necesarios para o medio rural de Galicia e non sería bo que desaparecesen”, dixo o conselleiro, quen explicou que a caza “é o único medio de control para as poboacións cinexéticas, que poden causar danos nos hábitas pola súa superpoboación, coma é o caso do xabarín”.


 

También te puede interesar