Finalmente non puido ser. A selección galega non acadou esa medalla que buscou durante todo o Campionato de España Xuvenil de Seleccións Territorias, tras caer derrotada na final de consolación contra Andalucía (27-20). Así, a selección galega rematou na cuarta posición, mentres que o equipo feminino tamén perdeu o último partido da Copa de España e quedou clasificado na segunda posición.
Os homes de Jorge Rodríguez tentaron esquecer a derrota do día anterior fronte a Catalunya para centrarse no complicado choque de hoxe, no que se enfrontaban aos locais e con todo o público ao seu favor. E o partido comezou apertado, con intercambio de goles para os dous equipos, ata que a partir do m inuto quince foron ampliándose as distanzas grazas a boa actuación do portero andaluz. Así, ao descanso Galicia chegou catro goles por debaixo no marcador (12-8). Na segunda metade as cousas non cambiaron e os galegos non lograron achegarse no marcador. Ao final, Andalucía, 27-Galicia, 20. A medalla de ouro foi para Castela e León e prata para Catalunya, despois dunha prórroga de dez minutos e lanzamento de penaltis.
Na categoría feminina, Galicia perdeu o último partido da Copa de España e quedou clasificada na segunda posición. O resultado final foi: Galicia, 25-Navarra, 32.