Comarcas

Se vas por Tui, ollo, non perdas por puntos

E é que Moisés Rodríguez, o alcalde, asinará un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico (DGT) no que se recollen unha serie de medidas para mellorar a seguridade vial no concello, entre elas que as multas que poña a Policía Local sexan realmente disuasorias e leven aparellada a retirada de puntos do carné de conducir.

Para que sexa posible, o Concello comunicará ao Rexistro de Conductores as sancións graves e moi graves; tamén fará chegar os nomes de aqueles veciños que non paguen o imposto de circulación e tramitará diante do  Rexistro de Víctimas e Accidentes de Tráfico os partes dos accidentes atendidos por Atestados en Tui.

Pola súa banda, os axentes do 092 disporan dun radar para o control de velocidade e un alcoholímetro para facer os test de alcoholemia.

También te puede interesar