Para elo, Esquerda Unida difundirá carteis explicativos sobre o “incremento do aprobado
polo novo goberno de Rajoy que, de ser secundados polo goberno local serían do 10%”
Os carteis serán colocados en asociacións veciñais e zonas públicas para esclarecer o
que supón unha suba do 10% aplicable “á totalidade das vivendas de Vigo, dacordo co
Decreto do 20 de novembro, e que o alcalde non aclarou se aplicará a maiores do 3,8%
de suba, aprobada polo PSOE e o BNG no Pleno da Corporación”.
Rubén Pérez, coordenador local de Esquerda Unida, considera que
"Abel Caballero culpa ao PP de promulgar un decreto que él vai a aplicar con gusto,
e que un goberno progresista debería contrarrestar baixando o tipo aplicable”,
decisión que, lembra Pérez, corresponde ao Concello mediante unha ordenanza reguladora.
Esquerda Unida lembra que o decreto ordena unha suba do 10%
nos concellos que teñas sido obxeto dun procedemento de valoración anterior
ao ano 200, non poidendo resultar un tipo de gravame mínimo e supletorio
inferior ao 0,5% en 2012 e 0,6% en 2013. “O actual gravame da gran maioría das
vivendas urbanas de Vigo é do 0,759%, polo que supera ese mínimo imposto
polo Goberno, aínda que non se aplique a devandita subida do 10%”.