Este venres ás 8 do serán, preséntase, na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Doutor Cadaval, 5) aos medios de comunicación a exposición “Amósate a ti mesmo”, que consta de 44 proxectos arquitectónicos que colexiados vigueses queren amosar á cidadanía e aos seus compañeiros.
Ademáis, o estudio vigués BMJ, composto por dúas arquitectas, impartirá una conferencia sobre o seu traballo e a situación da profesión, inaugurando así o ciclo “Un tras outro” que dará cabida aos estudios máis destacados da cidade.
Ambas iniciativas, organizadas pola comisión de cultura do Colexio Oficial de Arquitectos, marcan o inicio das actividades para este ano 2012.