Na tarde de onte, unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo unha xuntanza con Hector Santos, concelleiro de Participación Cidadá e con Carlos López Font, concelleiro de Xestión Municipal, para tratar sobre o conflito creado en relación a xestión do centro cívico de Teis.
Está xuntanza, segundo informa a devandita asociación nun comunicado á prensa, produciuse a petición do goberno municipal, o cal foi calificado de positivo polos membros da mesma quenes subliñaron que é a primeira vez que se sentan con representantes municipales o anuncio o pasado 2 de decembro de 2011, de que no presente ano non se asinaría o convenio entre a asociación e Concello, que permitía a está asociación a xestión do centro cívico.
Nos últimos días a asociación recibirá desde a Concellaría de Participación Cidadá, dous escritos comunicando que nun prazo non superior a cinco días, tiña que proceder a retirar o equipamento e documentación propiedade da asociación, tanto na oficina administrativa da planta baixa como de calquera outra dependencia do centro cívico. Hector Santos, indicoulles aos responsables da organización veciñal que se tomasen o tempo que necesitaran para retirar o material, “ainda que, desde asociación, entendemos que está ultimato fica sen efecto, pois a asociación non procedera a retirar ningún material do centro cívico, nin agora, nin máis adiante”.
Na xuntanza ambos concelleiros reiteraron a súa posición de non renovar o convenio que existía entre a asociación e Concello para este ano 2012, co argumento principal do aforro económico. “Os directivos presentes cuestionaron, unha vez máis, este razoamento pois na actualidade non se presta o mesmo servizo no centro cívico e non é certo o aforro económico, que como xa denunciamos publicamente fai uns días”.
Desde asociación, logo desta xuntanza, “temos convocada unha nova asamblea coa veciñanza a celebrar este vindeiro luns 23 de xaneiro ás 20:00 horas, onde analizaremos a actual situación, pero coa intención de continuar coa nosa reivindicación ao existir ningún acordo”.