A campaña de apoio aos medios en galego realiza hoxe, venres, unha presentación en forma concerto en Redondela. O arpista Roi Casal e a cantante Silvia Ferré actuarán antes e despois da presentación de “Vitaminas para o galego”. A cita será a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura desta vila, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza o acto.
“Vitaminas para o galego” é unha iniciativa de na que colaboran medios e plataformas de comunicación na lingua propia como Tempos Novos, Radiofusión, Valminor.info, quepasanacosta, o Cadernos de Comunicación, entre outros.
A campaña sumou xa máis de 5.100€ en donativos en liña a través da plataforma Verkami, superando os obxectivos de recadación fixados inicialmente. Todo o diñeiro adícase a sufragar a propia campaña e ao mantemento económico dos medios colaboradores.
“Vitaminas para o Galego” naceu co obxectivo de loitar contra a desaparición de medios en galego sufrida nos últimos meses coma Vieiros, Galicia Hoxe o A Nosa Terra.