Se non sabes qué facer esta fin de semán, podes pasarte polo Museo do Mar de Galicia que este sábado inicia a súa programación de Obradoiros de Fin de Semana coa serie A ciencia de cultivar do mar, dirixida ao público infantil e familiar.
A acuicultura centrará a temática dos primeiros obradoiros, que se levarán a cabo durante os próximos catro fines de semana, e neles os asistentes terán a oportunidade de adentrarse no mundo do marisqueo e no cultivo de moluscos e peixes en Galicia.
A programación comenzará con Granxeiros de peixes I, (12:00- 13:30 h.) que ensinará aos participantes a recoñecer ás especies que se cultivan en Galicia, os métodos que se empregan para levala a cabo, ou a importancia do papel desenvolvido polos investigadores do mar, entre outros. O domingo, de 17 a 18:30 h., estará adicado aos obradoiros para familias nos que poden participar persoas e todalas idades, dende os 6 anos. Para elo hay que inscribirse na web: http://www.museodomar.com ou chamando ao teléfono 986247691.