Galicia

BNG, nacionalista, galego, ainda que menos Bloque

Esa é a imaxe que dan os grupos que teñen anunciado a súa presentación na Asamblea Nacional dos vindeiros días 28 e 29. O candidato de Alternativa pola Unidade (Apu) Francisco Jorquera, ainda que non descarta que se presente unha lista única de consenso para a Asemblea Nacional, xa que “contactos sempre hai”,considera “difícil” esta posibilidade debido ás “diferenzas” entre correntes.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Jorquera defendeu que “é perfectamente natural que haxa distintas propostas” e subliñou que “a decisión que adopte a Asemblea, sexa cál sexa, vai ser boa para o BNG, e eu asumireina plenamente”. Para o deputado, “o BNG sairá máis favorecido” xa que, segundo indicou “xa hai 5.000 inscricións” para a Asemblea nacional, a cal “apostará pola liña política que considera máis axeitada para os próximos anos”.

Preguntado pola convivencia entre as diferentes correntes no seo do BNG, Jorquera remarcou que “hai que combinar dúas cousas“, por un lado que o BNG “ten que facer do esforzo de integración” entre distintas alternativas “un valor”, para conxuntarlo cun “respecto escrupuloso das decisións que tome a afiliación do BNG”.

A preguntas sobre cáles son as diferenzas que aprecia entre o proxecto que el encabeza, co respaldo da UPG, fronte ao candidato que propón á Xunta a unión de +Galiza e o Encontro Irmandiño, Carlos Aymerich, Jorquera non quixo entrar enxuizar as propostas que defende esta porque “son totalmente lexítimas e merecen respecto”.

Eso sí, subliñou que a ApU aposta por un nacionalismo de “perfil claro de esquerdas“, cun BNG que “sexa unha auténtica forza alternativa ás políticas imperantes“.

Pola súa banda, o líder de Máis Galicia e voceiro nacionalista no Parlamento galego considerou que “se está a dramatizar en exceso” o que é “un debate normal” en calquera forza política. Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, Carlos Aymerich asegurou que o que os nacionalistas galegos xogan na asemblea “non é se o Bloque rompe ou non rompe”, senón que se como BNG se quere aproveitar a oportunidade” para “construír xa unha alternativa maioritaria ao goberno popular”.

Na sua opinión, non hai que esquecer que dende o día 30, todas as correntes “terán que convivir outra vez dentro do BNG” e deixou craro que “Máis Galicia vai seguir dentro do BNG defendendo os seus postulados”, apuntou.

Preguntado sobre se o acordo con Encontro Irmandiño para concorrer nunha lista conxunta á na que o propio Aymerich optaría a ser candidato á Xunta e Xosé Manuel Beiras, voceiro nacional á UPG, Aymerich asegurou que non é unha fronte” contra ninguén, e entendemos que “do que se trata, na situación que está o país e o BNG é de buscar puntos de encontro”.

Precisamente, sinalou, o acordo asinado por Máis Galiza e Encontro Irmandiño “pretende iso: recuperar a idea dun proxecto de común amplo, útil para a sociedade e para que o país avance“.


 

También te puede interesar