Galicia

71.800 fogares en Galicia teñen a tódolos seus membros en paro

Este número aumentou un 10,46% no derradeiro trimerstre de 2011 e preto dun 50% dende 2009. No que se refire ao pasado ano, o paro incrementouse na comunidade en 36.900 persoas, un 18,13%, preto de 6 puntos por riba do crecemento do desemprego no conxunto do Estado, que foi do 12,29%.

O paro medrou en Galicia un 50% dende 2008,  mentres que no conxunto de España ese incremento foi do 31,6%. En termos absolutos, en xaneiro de 2012 hai 95.600 galegos máis sen traballo que no mesmo mes de 2008, e delas,  20.200 perderon o seu emprego nos pasados 12 meses.

 

También te puede interesar