Sucesos

65 feridos e 3 mortos nas estradas galegas esta fin de semán

Urxencias Sanitarias de Galicia, asistiu durante a fin de semana un total de 68 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 15:00 horas do venres, 27 de xaneiro, ata as 23:59 horas do domingo, 29. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do servizo que atenderon a un total de 68 persoas. A proporción de homes atendidos foi do 59% e o da mulleres do 41%. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 53% dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación foron 73. Así, as ambulancias medicalizadas mobilizáronse en cinco casos, o helicóptero medicalizado acudiu a un sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 56 accidentes, as ambulancias concertadas en cinco casos, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis sinistros.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en dous ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria mentres que tres persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, e tres persoas faleceron no lugar do sinistro.

 

Te podría interesar