Para Esquerda Unida, que BNG e PSOE declaren públicamente positivo que o incremento de recadación do IBI sirva para artellar plans de emprego demostra que parecen “moi despistados no que supón facer política social de esquerdas”. En opinión de EU, o lóxico sería modificar a ordenanza municipal e que os incrementos, o 10% acordado polo Consello de Ministros máis o 3,8% aprobado en Pleno non se apliquen a desempregados, familias con ingresos por debaixo de 15.000 € anuais ou pensionistas con pensións non contributivas. “Todo en vez de subir un imposto que aplica indiscriminadamente a rentas baixas e altas para financiar plans de emprego que en Vigo teñen amosado inútiles para a crear postos de traballo”.
EU lembra que o Concello ten máis posibilidades de creación de emprego que anunciar un plans “que se quedan no simple feito de facer unha presentarión á prensa”, pendurar unha web ou contratar a xestores do propio plan pero sen capacidade de xenerar “emprego decente que non sexa o puramente asistencial que crea o propio Concello enbrigadas de limpeza ou similares”.
Esquerda Unida salienta que o Concello pode crear postos de traballo de diferentes xeitos: recuperando unha Empresa Municipal de Vías e Obras, que asegure o mantemento preventivo e as repacións viarias na cidade dende a creación de emprego estable e o reparto do mesmo, empresa que terá unha plantilla cunha xornada máxima de 35 horaspor lei para fomentar a contratación pública; remunicipalizando servicios privatizados como o da auga e establecendo ratios óptimos de plantilla que prioricen ó emprego e non ó beneficio por enriba do equilibrio de gastos-ingresos; creación dunha empresa municpal agro-forestal, “seguindo o exemplo de concellos similares en poboación, coma Rivas Vaciamadrid, que incluso teñen menos superficie rústica que Vigo”; control nos plegos de concursos públicos de que os servicios ofrecidos ao Concello priorizan ó emprego e a contratación regular; creación dun Consello Municipal de Emprego, participado pola Cámara de Comercio, asociacións empresariais, sindicatos e organizacións sociais para establecer as prioridades de gasto público en políticas laborais “evitando plans mediáticos pero inútiles para crear traballo”.