Vigo al minuto

Convocada para este xoves unha concentración nos xulgados de Vigo contra a política da Xunta

CCOO, CIG, UGT, CSIF, únicos sindicatos que teñen representación e capacidade de negociación na Mesa Xeral de Función Pública, convocan unha concentración diante dos Xulgados de Vigo, este xoves (11:30 h.), para transmitir “o máis absoluto rexeitamento á totalidade das medidas previstas pola Xunta no seu anteproxecto de Lei de medidas para o emprego público de Galicia”, entre as que subliñan a  ampliación horario de traballo, a posibilidade de reducir ata un tercio da xornada e o salario dos funcionarios interinos, a supresión de días de asuntos particulares ou do Fondo de Acción Social.  As catro  centrais denuncian “o continuo ataque que sofren as empregadas e empregados públicos, que son postos constantemente no centro dunha diana, como culpables dunha crise que non provocaron, pero que, pola contra, pagan en primeira persoa”.

Ao seu entender, esta campaña de desprestixio e de recortes de dereitos laborais dos empregados públicos, “oculta a intención de xustificar un recorte drástico dos piares básicos do Estado Social e de Benestar, que custou conseguir, con loita, mais de 30 anos”. Ao tempo queren amosar a falta de investimento nos servizos públicos e o deterioro das condicións de traballo do persoal que os presta, “fan que se falsee a súa eficacia, o que serve de desculpa ou xustifica a privatización dos mesmos”.

 

También te puede interesar