Galicia

Sindicatos e dirección de Novagalicia Banco, reunidos para falar do despido de 750 empregados da entidade

Membros do Comité de Empresa e directivos de Novagalicia Banco, reúnense de novo este xoves para discutir a proposta da entidade de pechar 150 oficinas, despedir a 750 empregados e baixar o soldo, un 20% ao resto da plantilla. Na xuntanza, que empezará ás 10 e media en Compostela, os sindicatos, CCOO, UGT e CSICA, rexeitarán de plano as intencións do banco, coma xa puxeron de manifestó con protestas nas oficinas centrais de Barcelona, Madrid e Vigo. Ás mesmas sumarase a CIG, quen ven de convocar concentracións contra estos recortes de Novagalicia e do Banco Pastor.

Pola súa parte, CC.OO.,CSICA e UGT remitiron unha carta ao Banco de España na que solicitan sentarse con algún responsable do mesmo para transmitirlle as súas inquedanzas e obter información sobre a situación real e actual de Novagalicia Banco e as súas expectativas de futuro.

 

También te puede interesar