Vigo al minuto

Os veciños de Teis reiteran que seguen a ter problemas co saneamento da Avenida de Galicia

A Asociación Veciñal de Teis segue a agardar unha resposta á proposta de xuntanza feita ao concelleiro de Fomento para darlle conta dos problemas nas conduccións de auga na Avenida de Galicia. Segundo subliña a asociación nunha nota, este sábado “comprobamos que seguen as averías na tubaxe” e que seguen a abrirse buratos.

A asociación reitera que xa advertirá dos devandidtos problemas nas conducción de auga cando se fixeron as obras, “hai menos dun ano” e que, precisamente por iso pediron unha xuntanza co concelleiro Regades.

Noutro orde de cousas, a mesma asociación informa de que este luns (20 h.) convocou unha nova asamblea vecinal para tratar a proposta de protocolo presentada polo Concello en relación co Centro Cívico de Teis.

 

You may also like