Comarcas Galicia

O BNG acusa á Xunta e aos alcaldes de As Neves e Salvaterra dunha mala xestión da plaga do nematodo dos piñeiros…

O BNG saíu ao paso das recentes declaracións do delegado territorial de la Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, así como dos alcaldes de As Neves, Salvaterra e Ponteareas, sobre a praga do nematodo dos piñeiros e acusou a Xunta de abandonar aos veciños das 24 parroquias afectadas por esta praga, no radio de 5 Km. arredor do foco detectado entre Taboexa e Leirado.

Os nacionalistas denuncian a irresponsabilidade” da Xunta e dos alcaldes na xestión desta praga, especialmente nesta nova fase para tratar os piñeiros afectados,a Xunta lávase as mans e descarga todas as actuacións nos propietarios, tanto particulares como comunidades de montes, para a retirada e eliminación das árbores danadas. O Delegado da Xunta e os alcaldes de As Neves, Salvaterra e Ponteareas, deixan tirados aos veciños e só se preocupan de facerse a foto” denuncian dende a organización comarcal do BNG.

A Xunta renega das obrigas asumidas en abril de 2011

Para o BNG, a decisión da Xunta de trasladarlle aos propietarios toda a responsabilidade, é unha nova improvisación e non garante o control rigoroso da praga para evitar a propagación do insecto que distribúe o nematodo. A actual decisión tamén contradí o anunciado en abril do pasado ano pola propia Xunta. “Na segunda fase débense cortar, astelar in situ, e destruír só os piñeiros secos e decaídos (zona entre 1,5 a 5 Km. arredor do piñeiro positivo). Dadas as dificultades económicas que isto supón para os propietarios, a consellería ten acometida esta laboura dende o pasado 15 de abril de 2011”, dí literalmente a Comunicación do Xefe Territorial de Medio Rural.

O Bloque, a través do deputado, Henrique Viéitez trasladou á Cámara galega a “indignación” dos   veciños e veciñas das parroquias de Taboexa, Rubiós, Liñares, Tortoreos, Ribarteme, Cerdeira e Batalláns Lira, Fornelos, Uma, Sotolobre, Vilacoba, Leirado, Lourido, Pesqueiras, Corzáns, Meder, Fiolledo e Oleiros, Moreira, Santiago de Oliveira, Fontenla, Celeiros, Guillade e San Lorenzo de Oliveira. Parroquias afectadas pola praga do nematodo da madeira do piñeiro por estar situadas nos 5 quilómetros arredor do foco detectado. A comunicación actual da Xunta déixaos desprotexidos, sen axudas e chega a destempo por estar a piques de rematar o período no que actuar contra a praga.

O deputado nacionalista pide explicacións da xestión realizada, do destino dos 7 millóns de euros utilizados na erradicación e control da praga, segundo afirmou no seu día a administración forestal da Xunta. Vieitez  tamén require a Xunta para que habilite unha liña de axudas para os propietarios afectados por esta praga, tal e como contempla a lexislación para estes casos.

Os nacionalistas tamén acusan aos alcaldes de calar e “obedecer” antes ao seu partido que defender os intereses dos seus veciños e veciñas. “Os alcaldes, nin teñen competencias, nin persoal salificado para asumir o que é unha obriga da Xunta” afirman dende o BNG que consideran un insulto aos propietarios afectados facer este anuncio e ademais publicitar coa nota de prensa unha foto na que os tres alcaldes e o Delegado saen sorrindo como si estiveran a dar unha boa noticia. “É moi preocupante a lixeireza coa que a Xunta e os gobernos locais do PP se toman este grave problema”

Tódalas actuacións que levou a cabo a Xunta (cortas, retirada da madeira, etc.) foron obrigadas pola aparición do foco do nematodo e leváronse a cabo seguindo escrupulosamente o establecido pola normativa comunitaria, nacional e autonómica.

 

También te puede interesar