Vigo al minuto

O BNG, disposto a votar os orzamentos locais, se aproban melloras por 8,8 millóns

O BNG amosou hoxe a súa disposición a negociar, “con luz e taquígrafos”, os orzamentos municipais de 2012 logo de que o Goberno local aceptase a súas condicións “irrenunciables” para elo: adicar 5 millóns a un novo Plan de Emprego e incrementar en máis de 1 millón de euros a partida de Benestar Social. Pero non todo remata con isto. O voceiro do Bloque no Concello informou este venres en rolda de prensa que onte entregoulle a primeira tenente de alcalde un documento coas “partidas específicas” que os nacionalistas queren que se modifiquen no proxecto das contas para 2012 e salientou que, cando sexan plasmadas no mesmo, “estaremos en disposición de dar o noso voto favorable á aprobación inicial”.

Estas modificacións, que suman en conxunto 8.815.229 €, son un incremento de 30.000 € no Programa de Minorías Étnicas; 65.229 máis no Programa de Menores, 15.000 máis no de Xantar na Casa, outros 25.000 no Plan de Drogas, 35.000 € a grupos desfavorecidos, 155.000 € a maiores en axudas ás familias, 605.000 € máis en apoio á compra de libros e becas para comedores escolares, 140.000 € ás cantidades dos convenios que asine o Concello con Afan, Irmáns Misioneiros, Vida Digna e Banco de alimentos, outros 20.000 a melloras en fogares e 30.000 € de incremento no Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades.

Estas cantidades sumaríanse aos devanditos 5 millóns do Plan de Emprego Local, 1.000.000 € á Reforma do Mercado deo Berbés, 900.000 € do proxecto do túnel de xulián Estévez, 500.000 da mellora do Centro Social da Miñoca, 70.000 € para a recuperación do Arquivo Pacheco, e 295.000 € para cubrir os convenios coa Asociación de Veciños de Teis para a xestión do Centro Cívico (50.000 €), Federación Veciñal (75.000 €) e os Coros Xuvenil, Concerto e Orquesta 430.

Santiago Domínguez que calificou estas modificacións coma “posibles, amosouse disposto a negociar, sempre e cando as cantidades principais sexan asignadas a proxectos que creen riqueza e “atendan ás necesidades reais dos vecinos”, pero non a que parte das mesmas acaben en novas humanizacións. Neste senso, pese a que asegurou que corresponde ao Goberno Local decidir “onde vai a recortar e como vai a distribuir”, sinalou que debería empezar polos gastos da Alcaldía, órganos de Goberno e publicidade, ao tempo que recoñeceu que será “inevitable” quitar cartos das humanizacións, xa que “non incentivan a actividade económica”.

Por qué non esixiu estes investimentos cando era tenente de alcalde con Abel Caballero hai apenas un ano? A esta pregunta de vigoalminuto, Domínguez respostou lembrando que “non eran áreas competencias do BNG naquel goberno” e pese a calificar as partidas do gobernó bipartito de “insuficientes” en varias materias, entre elas emprego, subliñou que nas concellerías dirixidas polo Bloque sí se investiron cantidades similares ás que hoxe reclama.

Do que non deixou ningunha dúbida foi de que os tres concelleiros nacionalistas non votarán a favor das contas para 2012 se non conteñen estas melloras, ainda que non quixo acrarar se, nese caso, habería outras consecuencias, coma a súa conformidade cunha moción de censura ou o seu apoio a Caballero no caso de que o alcalde decidise presentar unha cuestión de confianza, vencellada, na administración local, á xestión económica.

 

También te puede interesar