Se o que pretendían os sindicatos máis representativos dos traballadores galegos era evitar dar unha imaxe de unidade, está feito. A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou manifestacións este sábado, día 10 de marzo, nas sete cidades galegas, así como nas localidades de Vilagarcía e Ribeira, contra a reforma laboral aprobada polo PP que, segundo denuncia, “supón a demolición dos dereitos do traballo” e “saquea á clase traballadora para contentar aos grandes empresarios, á banca e aos máis ricos”.
Baixo o lema ‘A nos organizamos… podémolos parar ‘! a CIG explicou que está a informar os traballadores do alcance da reforma e concienciando de que “estas non son as únicas políticas posibles”. Mentras, o pasado xoves, os secretarios comarcais de Comisións Obreiras (CCOO) e Unión Xeral de Traballadores (UGT) de Vigo, presentaron unha nova movilización en contra da Reforma Laboral, poucas horas de confirmar que, finalmente, convocan unha Folga Xeral en todo o Estado, o mesmo día que os sindicatos nacionalistas de Euskadi, Navarra e Galicia.
Para a CIG esta Reforma Laboral é un “auténtico golpe de estado“ xa que lle “quitan todos os dereitos aos traballadores“, ao tempo que se “traslada diñeiro público do Estado ás empresas nas bonificacións, ou nas deducións fiscais e no pagamento das indemnizacións por despedimento do Fogasa”. Pola súa banda CCOO e UGT, indicaron que a reforma facilita os despedimentos, deixa os relacións laboráis en mans dos empresarios, acaba cos convenio colectivos e resta dereitos aos traballadores, ao tempo que vai incrementar o número de desempregados.
Plantexamentos casi idénticos que, sen embargo, non levaron a unha acción conxunta por parte das tres centrais maioritarias en Galicia. Dende a CIG aseguran que CCOO e UGT facilitaron, cando gobernaba Zapatero, a reducción das pensións e a perda de capacidade económica da clase traballadora, mentras que os sindicatos estatais calificaron de “precipitada e pensda para cubrir o expediente” a Folga Xeral á que chamou a CIG hai varias semáns.
A convocada pola CIG tera lugar este sábado, día 10, as 8 do serán do cruce de Vía Norte con Urzáiz; do mesmo lugar, pero o domingo ás 11:30 h., partirá a convocada por UGT e CCOO.