Vigo al minuto

As contratacións, en Vigo, na cifra máis baixa da historia

Non hai precedendes estadísticos dun número tan baixo de contratos laboráis asinados na comarca de Vigo. No mes de febreiro, segundo os datos do Servizo Galego de Emprego e os de Comisións Obreiras (CCOO), formalizáronse 10.880, o que significa preto de 1.900 menos que en xaneiro, un 14,7%, un 2,3% por riba do descenso do conxunto de Galicia. A situación é ainda máis preocupante se temos en conta os datos de febrero de 2011, xa que a caída de contratacións con respecto a hai un ano é do 13,3% ou, o que é o mesmo, 4,4 puntos máis que a media da provincia e un 5% por riba da media galega.

O 81% dos contratos que se asinaron en febrero, 8.670, foron para ocupar traballos no sector servizos, só o 8%, en total 859, en Industria, 810, o 7,6%, na Construcción e 341 en agricultura. En relación con xaneiro a caída de colocacións na Industria foi dun 24% e na Construcción dun 19,8%. A crise do Naval nótase á vista dos traballadores contratados o mes pasado en relación con febeiro de 2011: nun ano, a Industria deixou de facer un 51,4% de contratacións, un 33% menos que no resto de Galicia.

Polo tipo de contratos, 9.886 foron temporales, un 90,8% do total, fronte a 469 iniciais indefinidos, un 4,3%, e 325 de conversión, un 2,9%. Polo que se refiere á cidade de Vigo, en febrero asináronse 6.561 contratos, 1.551 menos que en xaneiro, unha caída do 19%.

As franxas de idade nas que o paro cébase máis son as de 30-39 anos, na comarca de Vigo hai 19.500 personas destas idades que están sen emprego, un 29% do total; por sectores no que máis despedimentos hai é no de servizos, o que fixo que o desemprego medrase ate as 37.466 personas, seguido da Industria, con 12.672 e a Construcción, 8.976.

Por sectores e por sexo, constátase que hai máis homes desempregados, agás en Servizos, onde o paro feminino é do 66%; na Construcción o 90% dos parados son homes e na Industria o 58%. Na comparativa intermensual das 21 seccións de actividade, o paro aumentou en todos, agás nas Industrias Extractivas e na Educación; o mesmo sucede se facemos unha comparativa por nivel de estudos e, en todas as titulacións, o número de paradas é superior ao de parados, un dato que entre os universitarias é do 11,5% fronte ao 5,6% de universitarios.

Ao remate de febreiro, a tasa de paro na comarca de Vigo era do 17,08%, un 2% máis que a media galega, o que incrementou o número de desempregados ate os 68.082, máis dunha terceira parte de todos los que hai en Galicia.

Con todos estos datos é posible facer un perfil do parado da área viguesa: trátase dunha muller, de entre35 e 39 anos, desempregada do Comercio e da Industria Menofacturera, e cunha titulación de ensino obrigatorio.

 

También te puede interesar