![pequerrutas](https://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2012/03/pequerrutas.jpg)
A asociación O Coto, convídate a unha ruta que non deixará indiferente a ninguén. Coma sempre as Peque-rutas están pensadas para toda a familia, polo que non hai excusa para non levar o pequerrecho ou a princesiña da casa. Toma nota, será o domingo 25 de marzo as 11:00 horas. Trátase de unha ruta guiada por Enrique Vaqueiro (Presidente da A. VV. de Xesta) e que terá lugar no Foxo do lobo (A Lama), farase un donativo de 1€ por persoa para o mantemento do foxo.
A ruta é sumamente interesante xa que na mesma, farase unha visita a unha construcción formada por dous muros de pedra paralelos que se van xuntando ata confluír nun foxo, que se usaba para cazar lobos e demais animais que supoñían un perigo para os rabaños de ovellas ou vacas que pastaban polos montes e serras de Galicia. Os pastores ían asustando e conducindo os lobos ata o foxo para alí darlle caza.
O foxo está na serra máis alta da nosa provincia, a serra do Suído, que ademais fai fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense.
Lembra, o domingo 25 as 11:00 horas, a saída é dende o Colexio Público do Carballal (R./ Lomba 1-) Accedese pola Avda. do Aeroporto a altura da Rinxela. Máis información nos teléfonos: 986487957-676524529.