Galicia

61 feridos e un morto nos accidentes rexistrados nas estradas galegas este fin de semán

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 62 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 do serán do venres, día 23, ata as 23:59 horas do domingo, día no que se rexistraron o maior número de sinistros, 20.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 55 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 62 persoas. A proporción de homes atendidos foi do 67% e o da mulleres do 33%, por idades dos feridos, obsérvase cun 53% dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, o helicóptero asistiu a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 accidentes, as ambulancias concertadas en tres casos, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco sinistros.

En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, mentres que 3 persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar