![Un dos tríos masculinos da selección galega. Foto: José Cid. Un dos tríos masculinos da selección galega. Foto: José Cid.](https://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2012/03/Open_Murcia_Tecnica_18-02-12_104.jpg)
Máis de mil quilómetros para unha dobre cita na que os deportistas galegos deixaron o listón ben alto. Galicia acadou 35 medallas no Open de España celebrado en Alacante: ás catro medallas do equiop sénior houbo que sumar as once acadadas en técnica, as 9 da categoría júnior e as outras 11 da cadete. Aínda que o gran triunfador das xornadas foi José Fernández, que segue a facer unha tempada espectacular e que tivo que desfacerse dos representantes de Valencia, Baleares, México, Rusia e Francia para acadar a medalla de ouro. Con 60 puntos, Fernández parece o representante indiscutible de España no Campionato de Europa.
Na categoría sénior, Borja Ríos logrou a medalla de bronce, tras superar ao representante da República Dominicana, ao francés ao deportista do CAR José Francisco Ramírez e caeu contra Rusia nas semifinais, nun combate moi apertado que chegou con empate a 3 no marcador ata o último segundo, no que marcou o deportista ruso. Outros bronces para Katia Calvar e José Real.
A selección galega júnior acadou nove medallas (oito bronces e unha prata) no Open de España. Na categoría júnior masculina houbo cinco bronces para os galegos (Óscar Peón, Adriano Jiménez, Manu Parada, Miguel Gutiérrez e Pablo Fernández), mentres que na feminina houbo unha prata (Natalia Vázquez) e tres bronces (Leire Arbizu, Sara García, Gaila Fernández).
En cadetes, once medallas para os galegos con dous ouros, dúas pratas e 7 bronces, que permitiu a Galicia lograr o segundo posto por equipos. Os medallistas galegos foron: Lucía Dafonte e Laura Dosil, ouros; Sandra Rodríguez e Fabiola Rodríguez, prata, e Pilar Rodríguez , Ainhoa Boubeta, Antía Pérez, Miguel de Santiago, Genma Paz, Miriam García, Pati e Javier Martínez, bronce.
No Campionato de España de Técnica houbo catro medallas para Galicia. Encarna Quintela logrou a medalla de prata, mentres que Beatriz Queiro, Antonio Santiago e Antonio Rebouras foron prata. Ademais houbo dúas medallas de galegos que actualmente están competindo en Cataluña por atoparse desprazados por estudos. Elena González acadou a medalla de ouro en trío 1 e está clasificada para participar no Mundial, mentres que Yago Bernárdez logrou o bronce en tríos 1.
A cita tamén congregaba aos deportistas participantes no Campionato de España de técnica e no Open de España de técnica, onde Galicia mellorou e moito os resultados. No Open Galicia logrou un total de once medallas (seis ouros e cinco pratas). Os seis ouros foron para Jorge Moreno, Beatriz Queiro, Encarna Quintela, trío 1 masculino (Alberto Neira, Alejandro Losada e Roi Pereira), trío 1 feminino (Isabel Queiro, Lucía Capelo e Noelia Irago) e trío 2 feminino (Erea Andrade, María Bautista e Beatriz Queiro). Ademais, as e os galegos lograron cinco bronces: Alejandro Losada (júnior), Óscar Rey, Esperanza Fernández, Han Seung Shin e Santiago Rodríguez.