Comarcas

Algo distinto para facer esta Semana Santa? vente a As Neves

O Concello de As Neves fai unha proposta a aqueles que queiran pasar a Semana Santa doutra maneira. Dentro da ‘XXI Festa do Requeixo e do Mel’, que se celebra naquel concello o 6 de abril, Venres Santo, non é requixo e mel todo o que reloce, senon que ao redor desta cita gastronómica están programadas unha serie de actividades que empezaron este mismo venres, día 30.

Baixo o título ‘Degustación do ouro doce da natureza galega’, Beatriz Ríos, técnica do Consello Regulador Mel de Galicia, dirixou unha cata de meles na que os participantes aprenderon a identificarla pola súa cor, a súa composición, o seu olor, textura ou a saber cales eran os sabores predominantes.

O Sábado, día 31, no Auditorio Municipal a Banda de Gaitas ‘Os Coribantes de Bachubade’ ofreceron un concerto no que, ademáis de temas xa coñecidos e pedidos polo público, presentaron o seu novo traballo ‘Dende a ialma’.

Este martes, día 3, tal e como anticipou o alcalde na presentación da festa deste ano, dende as 6 do serán ábrese un debate, no Centro Social Marcial Diz Garrido, moderado pola tenente de alcalde María del Carmen Gil, sobre o Cooperativismo e Emprego no Entorno Rural, no que parcipan o subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social, Xoán Miguel Concheiro, quen exporá as liñas fundamentais dos programas e incentivos para o emprendemento cooperativo; Carmen Señoráns, membro da xunta directiva dos Centros de Promoción Rural – Escuelas Familiares Agrarias de Galicia (EFAS), quen falará da importancia da formación no entorno rural e a súa incidencia no emprego; Bibiana Conde e Begoña Boente, integrantes do equipo técnico do Grupo de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta, farán unha presentación do Programa Leader Galicia 2007-2010 e Alejandro Martínez, presidente da Cooperativa Condado-Paradanta, falará dunha nova iniciativa, adiantada na rolda de prensa de presentación da Festa do Requeixo e do Mel, a elaboración de mermeladas con froitos dos bosques da zona de As Neves, que poderán degustarse durante a propia festa e que estarán á venda dentro dun ano.

O xoves, día 5, ás 9 e media da mañán, iniciarase unha ruta de sendeirismo na que un apicultor, José Manuel Alonso, fará unha exposición sobre a vida das abellas, falará sobre apicultura e acompañará aos caminantes ate unha colmea.

Por fín, o Venres Santo, ás 10 e media da mañá, abrirase oficialmente a Feira do Requeixo e do Mel cun pasarruas a cargo da Banda de Gaitas ‘Manxadoira’, de Bueu, e a charanga ‘Troserghas’ de As Neves. Ao mediodía empezará a degustación dos dous productos e, á 1 do serán, Fulano, Mengano e Citano, leerán o pregón. Os actos seguirán ás 5 con Festa e Obradoiro Infantil de cerámica, música e reciclaxe; haberá unha nova degustación de Requixo con Mel ás 7 e ás 9 da noite clausurarase oficialmente a Feira.

 

También te puede interesar