Vigo al minuto

Esquerda Unida presentará máis de 50 enmendas aos orzamentos municipais de 2012

O coordenador local de Esquerda Unida en Vigo presentará públicamente, e mediante remisión ao rexistro do Concello, más de 50 enmendas ao texto definitivamente aprobado polo Pleno e, de acordo coa proposta alternativa realizada por EU.  A proposta de EU prioriza o gasto social e a erradicación do endebedamento do Concello para as obras públicas. Rubén Pérez considera que os tempos que veñen obrigan a eliminar gasto protocolario, proxectos que “nestes anos non teñen aportado nada á creación de emprego” e mesmo retornar ao desempeño público de servicios que están sendo sistemáticamente externalizados polo Concello

Entre as enmendas de EU hai que salientar a eliminación das axudas ás aerolíneas privadas, 400.000 €, aforrar 100.000 € en iluminación de nadal, recuperar servicios externalizados por suma de case 3 millóns de euros, entre eles a recadación administrativa, asesorias externas ou traballos de publicidade.

As enmendas suliñan que é posible unha modificación orzamentaria no capítulo de gastos co obxectivo final de aforrar en torno a 10 millóns de euros, aínda invertindo máis en emprego e cohesión social, defendendo que no 2012 non se abra ningún crédito bancario con entidades financeiras privadas “que provocan un pago de xuros brutal ao Concello de Vigo”.

Esquerda Unida considera preocupante consignar candidades de diñeiro excesivas á proxectos de creación de emprego fora da Oferta Pública de Emprego, “como prentender facer o BNG e o PSOE” xa que EU entende que efectivamente é positivo que unha parte do orzamento, “que EU establece en 3.000.000 millóns de euros”, sexa para programas de contratación de personas en risco de exclusión, necesidades especiais de inmersión de emprego, etc… recuperando figuras semellantes ao liquidado GRUMIR e que funciona de xeito positivo en concellos cercanos como Porriño pero “dita contratación debe ser clara, transparente e cunhas bases que eviten a contratación dirtecta e sen publicidade, concurso de méritos ou exame transparente”.

 

También te puede interesar