Galicia

Ruso, Chino mandarín e Romanés,os idiomas máis demandados no Servizo de Traducción das entidades de atención a mulleres maltratadas

Ruso, chino mandarín e romanés son os idiomas máis demandados no servizo de teletradución instalado pola Secretaría Xeral da Igualdade nos centros de información á muller, nas casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e nas entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido. En total, son 61 as entidades que xa incorporan este sistema, ofrecido sen custe para mellorar a atención e o acceso das mulleres inmigrantes aos recursos dispoñibles.

Durante os sete primeiros meses de funcionamento do servizo, iniciado o pasado mes de setembro, 49 usuarias fixeron uso del. Foron maioriotariamente mulleres inmigrantes residentes na Coruña as que se comunicaron a través da teletradución, un total de 35; seguidas de residentes en Pontevedra, onde se contabilizan 7 usuarias; Ourense con 6 e Lugo cunha usuaria.

Foi demandada atención en once idiomas diferentes. Amais dos tres citados, tamén se atendeu en wolof, árabe, chino cantonés, inglés, tailandés, marroquí, portugués e francés, do total dos 51 idiomas dispoñibles no sistema. O cómputo total do tempo de conversa mantido nas diferentes linguas supera as 16 horas neste periodo. Entre outras actuacións, o sistema foi determinante nunha recente operación de desarticulación de redes de inmigración ilegal e trata de seres humanos en Galicia.

Unha comunicación eficaz

A teletradución da apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantaxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

A través da plataforma de teletradución, Igualdade quere dar resposta ás novas características poboacionais derivadas da inmigración, asegurando que estas mulleres teñan un acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

 

También te puede interesar