Galicia

129 feridos e un morto nas estradas galegas no pasado fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061, durante os desprazamentos producidos polas festividades da Semana Santa, asistiu a un total de 129 persoas debido a 89 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 4 de abril, ata as 23:59 horas do domingo, 8 de abril. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o xoves e o venres con 21 accidentes respectivamente.

A proporción de homes atendidos foi do 60% e o da mulleres do 40. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 65% dos atendidos tiña entre os 15 e os 34 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 120. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero asistiu a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 101 accidentes, as ambulancias concertadas en dous casos, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 sinistros.

En 101 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, sete persoas se trasladaron a centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria, mentres que 20 persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar