N.FERNÁNDEZ/ A.ALBALADEJO.- Hai preto de cinco anos que ocupa a presidencia da Deputación de Lugo, a provincia máis extensa de Galicia e, se cadra, a que ten os problemas máis diversos de todas elas, dende a despoboación, pasando polo envellecemento, a crisie leiteira, a emigración, as dificultades nas comunicacións, o desemprego, a mellora do turismo, a pesca, a agricultura, o medioambiente ou a protección dun máis que considerable patrimonio cultural. Chegou ao seu posto, o primeiro socialista que o ocupa, cando non tiña 40 anos cumpridos é a imaxe que trasmitía entón, seica a que deixan ver as fotografías oficiais, teñen pouco que ver coa actual. José Ramón Gómez Besteiro recíbenos en vaqueiros, nun despacho aberto, moderno, polo que entra a luz un sol pouco dado a deixarse ver por Lugo nesta época do ano. Atendendo á nosa petición, a entrevista é en galego, idioma maioritariamente falado non so na provincia, senon na capital.
Vigoalminuto.- Para qué serven as diputacións?
Gómez Besteiro.- Son as grandes descoñecidas, non?…e hai, sen dúbida unha responsabilidade nelo dos que dirixiron as deputacións en facer visible e palpable o magnífico papel que fan. As deputacións serven para, a de Lugo está servindo para isto, coordinar mellor os traballos dos concellos. Son gobernos locales intermedios. E isto é interesante nestos tempos nos que se fala, con tanta frivolidade, de reparto de competencias, hai responsables políticos que consideran necesario fagocitar parte destas competencias en favor doutros organismos, por exemplo o autonómico…non, non, as deputacións cumpren o seu papel no eido local facendo máis eficientes os servicios dos concellos…
VAM.- …pero iso non se ve
G.B.- …hai que facelo visible…que se saiba que realizamos unha labor de cooperación cos concellos…no caso de Lugo falamos de concellos que van desde 200 habitantes hasta o da capital que achégase aos 100.000…a labor da deputación é traballar coordinadamente con eles, non estar por riba…ollo, falamos de cooperación e coordinación en asuntos de interés local, esto hai que deixalo craro, non de interés autonómico ou estatal, sino en temas que afectan moi preto aos vecinos.
VAM.- O presidente da Deputación de Ourense decía que asumía competencias que os concellos non podían levar adiante por problemas, principalmente prespuestarios…
G.B.- …moitísimas delas…
VAM.- …por exemplo?
G.B.- …en Lugo asumimos a competencia contraincendios, agricultura, gandeiría, saneamentos, pequeñas obras de infraestructura…a evolución que sufriu o mapa da Administración dende a reentrada da Democracia os que máis o notaron este cambio foron os concellos, de debilidade, en beneficio das competencias das comunidades autónomas, que non asumiron algunas delas o que fixo que os concellos teñan que facer fronte a competencias impropias, que deben afrontar sen ingresos, e neso colabora a Deputación…por exemplo a rede de estradas minicipais…un concello non pode facer fronte a algo así…a administración electrónica, prevención medioambiental…
VAM.- …e de onde saen os cartos?…
G.B.-…no noso caso das aportacións estatais e fondos europeos…a Deputación de Lugo é, en termos porcentuais, a que máis axudas consegue da Unión Europea, destiñadas a protección mediambiental, mellora das comunicación ou fomento do emprego.
VAM.- Cómo cadra a idea da supresión dos concellos, ou a fusión de concellos, coma plantexa o presidente da Deputación de A Coruña, co papel das deputacións?
G.B.– Eu estou a favor de fusións solventes, non de experimentos…
VAM.- …isto en Lugo é máis difícil…
G.B.- …non, non, non ten porqué selo…temos o caso de que se evalúa o dos concellos de Valadouro e Alfoz…pero nos non imos a frivolizar con este tema…primeiro hai que conseguir que os concellos entendan a importancia, e vexan que é asi, da fusión de determinados servizos…non é un caso moi alonxado do rexurdimento da Unión Europea, que basouse nun acordo económico para dar paso a unha unión política…iso creo que é o camino…que os vecinos vexan os beneficios delo..e, por suposto, se falamos de unión de concellos, son os cidadáns os que teñen que querela, sentirla, aprobala…non se pode impoñer…pero o problema deste país non está nos concellos…
VAM.-…Baltar opina o mesmo…
G.B.– …é así, o problema do país está na falla dun proxecto político en Galicia, na demografía, na falla dun plan económico, industrial, agrario, pero hai xente que quere falar doutras cosas, como a fusión dos concellos.
VAM.- O alcalde de As Neves asegura que antes de dar o paso de xuntar concellos habería que fusionar servizos, é asi?
G.B.- Naturalmente, este é o camiño…no eido da solidaridade fiscal, saneamento, estradas…hai que ter servizos que poidan pagar os concellos…fusionar por fusionar non é o camino..se facemos as cousas de costas á cidadanía, ou para distraer a atención sobre outros temas…ou porque sexa mellor que se fale de fusionar concellos e non da fusión das caixas.
VAM.- Estando en Lugo é imposible non falar de demografía…os lucenses están en perigo de extinción?, tendo en conta a poboación da provincia e o feito de que perde máis de 6.000 habitantes ao ano?
G.B.- O que pode pasarlle a moita xente con este tema, como coa reforma laboral, é que non se reacciona contra determinadas decisión políticas porque non afectan…en A Coruña ou en Vigo pensan que este problema non lles vai a afectar?…pois sí que o fará é xeral en Galicia: somos menos e os que somos vamos máis vellos…craro que no caso de Ourense e de Lugo o problema é máis angustioso, sen dúbida, pero é un problema de país…dentro de dez anos, a así pasará tamén en Pontevedra e en A Coruña, haberá concellos onde, en dez anos, a metade da súa poboación sexa maior de 65 anos..esto coma país é un suicidio, un verdadeiro suicidio. O feito é que quen ten a responsabilidade, no noso caso a Xunta, non toma as medidas adecuadas…e iso acabará afectándonos de xieiro moi grave…
VAM.- …qué medidas son esas?…
G.B.- …no caso de Lugo eu o teño craro, temos que mirar ao noso territorio, temos un problema grave de abandono…estou falando disto: hai zonas da provincia nas que non hai civilización humana, atopámonos con problemas coma fauna e flora descontrolada, terrirorio que debería ser productivo e non o é…hai que volver a mirar as zonas rurais, favorecer a industrialización, a xente vaise de Galicia porque non hai traballo…hai que lembrar as promesas que nos fixeron hai 3 anos, non dous meses, que son os que leva Rajoy, senon as promesas que fixo Feijóo, coma traballo en 45 días…iso non vale se non hai un plan, hai que pensar en todo o país…temos un problema de supervivencia como pais, empezando pola política lingüística…corremos o risco de desaparecer como tal, como pobo, e non hay un proxecto para afrontar isto.
VAM.- Non acusou Lugo de xeito máis fondo a crise, precisamente por iso, pola falla de industria, pola despobioación, polo feito de ter unha economía máis baseada no campo, na gandeiría?
G.B.– Sí..pero as cifras son engañosas…temos menos paro que en Vigo ou Pontevedra, pero a nosa poboación activa é menor. O campo tivo nesta provincia unha importancia determinante, mesmo na capital…a situación real do campo en Lugo, que no caso do sector gandeiro, leiteiro é esencial para nos, coma pode selo Citroën en Vigo…a metade da producción leiteira galega é lucense.., e iso supón implantación do territorio, os gandeiros están facendo de custodios do territorio, necesitan administración que crean neles e hai que ter en conta que ningún país desenrolado deixou baixar o seu sector primario…
VAM.- …pero hacia onde camiña, qué alternativas de fururo hai?
G.B.- …Lugo pode ser o Dubai da biomasa, necesitamos dirixentes que saiban qué queren facer e como facelo… eu creo que temos posibilidades, os novos mapas de infraestructuras situan a Lugo no centro do noroeste peninsular, pero para iso hai que creer nesta potencialidade, hai que querer facer cousas, creer nesta provincia e neste país.
VAM.- Por qué Lugo non ten un porto como Vigo ou A Coruña, Bilbo, Xixón..?
G.B.- Isa foi unha das grandes decisións que se tomaron e que ainda pódense corrixir. No caso de San Cibrao, na Mariña, nos defendemos, por activa e por pasiva, que o ben o Goberno Estatal colle as competencias sobre él ou o traspasa á comunidade autónoma…eu teño as miñas dúbidas de que a Xunta poida facer algo nese porto, ainda que sí e posible explotar o seu potencial…pero fai unha folla de ruta dos que gobernan, ou pretenden gobernar…é certo que o porto hoxe está concesionado e este tema forma parte da negociación desa concesión…pero é unha situación perfectamente resoluble que cando se afronte permitirá aproveitar todo o que pode ofrecer…por certo, é curioso que hai xente que non sabe que Lugo ten mar, e temos máis de cen kilómetros de costa, que temos que reivindicar e poñer en valor.
VAM.- Qué opinión ten da Reforma Laboral?
G.B.- Non creo nela…os seus efectos son parciais, benefician craramente á clase empresarial e non vai a crear emprego…volvemos ao tema de antes: hai persoas que creen que esta reforma non vai con eles, porque están traballando, porque teñen seguridade, e non é asi…iso de “mentras a min no me toque..”, non vai funcionar, tocaranos a todos. Quenes patrocinan esta reforma xa recoñecen que vai a destruir emprego…non só iso, con ela e con outras medidas do Partido Popular ,non é que os ricos sexan máis ricos e os pobres máis pobres, non, é que os ricos serán máis ricos e todos os demáis máis pobres.
VAM.- Qué accións está acometendo a Deputación de Lugo para crear emprego?
G.B.- Se facemos memoria dos dous ou tres últimos anos, veremos que o señor Feijóo falaba, xa daquela, de facer axustes e máis axustes, pero sen decir para qué. A realidade é que os cidadáns están dispostos a facer sacrificios, seica máis dos que imaxinamos, pero hai que decirlles para qué…esta deputación, cando non se escoitaba máis que de estos axustes sen obxectivo, foi das primeiras en crear un plan de obra pública, de preto de 30 millóns de euros, puxemos en riba da mesa 12 millóns de euros para a creación de pequeñas residencias da terceira idade, que servirían, ademáis de para fixar poboación, crear emprego e atender a persoas maiores…por certo, á Xunta non lle pareceu interesante…un centro de recría, fundamental para nos, e para o resto de Galicia…moita xente non sabe que se están recriando frisonas fora de aquí e logo véndense en Galicia…ben, pois creo que todos estos proxectos foron dinamizadores e, en contra do que decían outras administracións, nas que só se escoitaba o de recorte e axuste…na Deputación de Lugo investimos cunha finalidade…ese é o caso das axudas europeas, que empregamos en novas tecnoloxías, moi importantes nunha provincia coa poboación dispersa, que demanda comunicación por Internet, por exemplo, que axuda facer negocios, a mellorar a formación…tamén a medio ambiente, máis da metade to territorio da provincia, é reserva da biosfera, máis de 5.300 kilómetros cadrados, é un valor de futuro…temos unha provincia única en España, poucas poden ofrecer un panorama tan rico medioambientalmente falando, dende O Caurel, Os Ancares, A Mariña, a Ribeira Sacra, a Terra Cha…é un coctel explosivo, o medioambiente vainos a dar moito, empezando por ser un elemento vertebrador da provincia mesma.
VAM.- Cómo pode afectar á imaxe de Lugo os escándalos relacionados co ‘Caso Campeón’?…
G.B.- …por certo, non hai que esquecer, que se fai, e moito, que este asunto tamén afecta a cargos da Xunta, e de xeito directo, ainda que haxa tanto interés por que pareza que non, ou por agochalo. Ben, dito isto, hai que esixir unha maior axilidade da xustiza, o que non pode ser que haxa procesos abertos tres e catro anos…o rigor xudicial e policial son perfectamente compatibles cunha maior axilidade e, por iso, espero que o proceso continúe coa máxima celeridade. Non pode ser que se fale de Lugo como centro deste tipo de asuntos…e outra cousa: pido que se respete a presunción de inocencia, que xa empézase a falar de prevención de inocencia e estamos entrando nunha dinámica perigosa no que se refiere ao respeto á legalidade.
VAM.- Esta é a pregunta que se fan, non sei se no Partido dos Socialistas, pero dende logo sí no eido político, vai a ser o candidato á Presidencia da Xunta polo PSdG?
G.B.– Eu non pensó..na miña folla de ruta para os próximos meses non está eso…está intentar facelo, e falo de intentar, porque é necesaria a ilusión, e eu estou ilusionado no meu traballo, no que fago, decía intentar facelo o mellor posible ao fronte de Deputación de Lugo e, repito, nos vindeiros meses non teño nada pensado en relación con esa cuestión que me plantexa.