A Confederación Intersindical Galega (CIG) proporá aos sindiactos estatais a convocatoria de Folga Xeral na primeira quincena de xuño, segundo anunciou este luns o seu secretario xeral. Suso Seixo subliñou que esta iniciativa ten coma xustificación a “necesidade de respostar de xeito contundente ao Goberno, en especial no que atingue á Reforma Laboral e aos recortes do orzamento para este ano”.
O secretario xeral da central nacionalista indicou que Rajoy está a incumplir moitas das súas promesas electorais e, por elo, a CIG vai plantexar a posibilidade de “pedir a demisión do Goberno e a convocatoria de novas eleccións”. Segundo o sindicato, “estamos nunha situación determinante na que o neoliberalismo fai pagar as consecuencias da crise a quen non ten a culpa e aplicando políticas económicas que van a empeorar a situación económica”.
Seixo adiantou que chamará a CCOO e UGT, os sindicatos vascos e as demáis centrais que secundaron a folga xeral do 29 de marzo para, tendo en conta a súa resposta, valorar qué facer tendo en conta que a última folga “tivo un seguimento masivo”. Asimesmo, o responsable da Confederación Intersindical Galega lenbrou que nin o novo gobernó nin os recortes “calmaron aos mercados e a prima de risco segue igual”.
Por último, Seixo fixo un chamamento a seguir o exemplo de Finlandia e solicitar aos gobernós o impago da débeda, “por ilexítima e resultado da especulación” ao tempo que lembrou que cada día son máis os economistas que piden que eses cartos sexan para reactivar a economía e crear emprego.