O temporal deixa refachos de 146 quilómetros hora

O temporal de vento e chuvias rexistrado dende a media noite e as primeiras horas do día deixou en Galicia refachos de 142 quilómetros por hora en Cedeira (A Coruña) e ate 73 litros por metro cadrado no concello de Santa Comba.

MeteoGalicia informa que rexistráronse ventos de 125 quilómetros en Lousame, 123 en Burela (Lugo), 120 en Vimianzo (A Coruña), 110 en Carnota (A Coruña), e 102 en Malpica. Nas zonas altas, o vento chegou os 146 quilómetros por hora en Lardeir (Ourense), 104 nos Ancares e 102 na Cabeza de Manzaneda.

Pola súa banda, as chuvias, en doce horas recolléronse 73 litros por metro cadrado en Santa Comba; 50 en Lousame (A Coruña), Ribadumia e Fornelos de Montes e 46 litros en Forcarei.

No litoral, o mar de vento alcanzou a forza 8 na boia de Sisargas e ao longo deste mércores permanece activada a alerta laranxa por mar de fondo, con ondas que xa alcanzan os catro metros de altura e que estarán entre os 4 e 6 durante a xornada.

 

También te puede interesar