Galicia

A Delegación do Goberno prohibe a manifestación contra as fumigacións

A Delegación do Goberno denegou o permiso á Plataforma contra ás Fumigacións para manifestarse este domingo, 29 de abril, en Melide (A Coruña), en contra dos tratamentos aéreos con fluxenoxuron para combater pragas que afectan aos eucaliptos.

A plataforma, a través dun comunicado, afirma que o argumento para prohibir esta protesta foi que a manifestación non se solicitou coa antelación de dez días á que obriga a lei para “calquera acto desta índole que non se considere urxente”.

Non obstante, a Plataforma contra ás Fumigacións defende que a urxencia “estaba máis que xustificada”, posto que a fumigacións con flufenoxuron “un pesticida que será prohibido o 1 de agosto pola súa alta toxicidade” son inminentes e “está en perigo todo o sector apícola galego, a saúde pública e o medio”.

Aínda que a plataforma acata a decisión da Delegación do Goberno e non celebrará a manifestación, os seus membros desprazaranse igualmente este domingo ata a localidade coruñesa de Melide para informar de “ti a ti” á cidadanía. Melide foi elixida para a protesta por ser uns dos primeiros concellos en promover, a través de bandos da súa propia páxina web, este tipo de fumigacións no seu termo municipal.

 

También te puede interesar