CIG-Ensino ven de presentar unha demanda de conflicto colectivo, contra a Consellería de Educación, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), “por negar a revisión médica anual a 33.000 profesores” da comunidade.
Nun comunicado, o sindicato salienta que “dende hai 17 anos vense negando o dereito á revisión médica periódica aos profesores” o cal, na súa opinión, incumple a Lei Prevención de Riscos Laborais. Segundo a Confederación Intersindical Galega, xa se lle esixiu á Xunta que cumpra con este dereito “sen que ate hoxe atendese esta demanda”.
En 2008, a central presentou unha queixa diante do Valedor do Pobo, entón a consellería respostou que estaba evaliando os custes e, “tres anos despois seguimos igual” o cal, “amosa a desconsideración e o desprezo co que trata a Xunta aos seus traballadores”.