+barato

Ciclo de conferencias sobre a situación das mulleres en Oriente

Proposta dende vigolowcost: A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo organiza esta semana dúas charlas sobre a situación da muller en paises orientais como Afganistán ou Exipto.

A intención de esta actividade é encher o baleiro que se observa na actualidade tendo en conta os cambios sociais e políticos sucedidos nos países de Oriente Medio e norte de África, e o papel que desempeñan as mulleres orientais na cultura musulmá. É preciso falar delas e visibilizar a súa loita e resistencia e informar dunha maneira máis realista ao estudantado da Universidad en particular e á poboación de Vigo en xeral.

Estas charlas levaranse a cabo hoxe, luns 7 e mañá martes 8 de maio:

Ser muller en Afganistán. A cargo de Ana María Briongos, escritora, viaxeira e coñecedora da cultura oriental, Afganistán, Irán e India.

  • Hoxe, 7 de maio
  • Ás 19:00
  • Casa das Mulleres, R/ Romil, 20 (MAPA)

Primaveira árabe: traizón ás mulleres. A cargo de Nazanin Amirian, profesora de Polícitas na UNED, tradutora e escritora de “El Islam sin velo” e “Irán: revolución constante”.

  • 8 de maio
  • Ás 19:00
  • Auditorio Municipal do Areal, antigo Rectorado. R/ Areal, 46 Vigo (MAPA)

Actividade patrocinada pola Unidade de Igualdade e organizada en colaboración con Mina Shayan, investigadora en Estudos de Xénero da Universidade de Vigo. Entrada libre ata completar aforo.

Se queres coñecer outras propostas de vigolowcost ou saber quien están detrás deste portal pincha aquí.

También te puede interesar