+barato

Maio, mes das Letras Galegas en Vigo

Dende vigolowcost informase que o Concello de Vigo organiza durante este mes moitas actividades ao redor do galego co gallo do día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Valentín Paz Andrade. As ludotecas, bibliotecas e mesmo as rúas da nosa cidade énchense de actividades para distintas idades, moitas delas de balde.

Ludoteca lingüística (Actividade infantil)

Achegamento aos xogos tradicionais a partir de distintas probas que han realizar as cativas e cativos e nas que deben demostrar o seu coñecemento do léxico e fraseoloxía.

  • Centro Cívico de Teis, mércores 9 de maio ás 17.30
  • Praza da Independencia, venres 11 de maio ás 18.00

Polo correo do vento (Actividade infantil)

Actividade impartida por un contador de historias e un deseñador, co cal se conecta co público dun xeito dobre: a través da imaxe e a través da palabra. Ao remate, o debuxante guia aos cativos e cativas para debuxaren as súas creacións e todos pintan as distintas viñetas que se foron creando durante a historia.

  • Biblioteca Central, martes 15 de maio ás 18.00

Curso de escrita creativa (Adultos)

Impartido polo escritor Francisco Castro. Dirixido a persoas que teñan inquedanzas de escrita creativa… outro xeito de traballar pola normalización da lingua galega.

  • Biblioteca Central, luns 14, 21 e 28 de maio ás 19.00

Comunícate en público (Adultos)

Charla impartida por Uxía Blanco para vencer non só o medo a comunicarnos en público senón tamén eses nosos prexuízos que se resumen nun “Es que no hablo bien el gallego”.

  • Biblioteca Central, martes 15 de maio ás 19:00
  • Biblioteca Neira Vilas, mércores 23 de maio ás 19:00

Para ter máis información e apuntarse:

Atención Cidadá 986 810 260  [email protected]

Biblioteca Central R/ Joaquín Yánez, 6 (Casco Vello). 986 229 074 [email protected]

Biblioteca Xosé Neira Vilas R/ Martínez Garrido, 21. 986 267 759 [email protected]

Se queredes coñecer outras propostas de vigolowcost ou saber quien están detrás deste portal pincha aquí.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.