Cultura

Os veciños de San Andrés de Comesaña, con Os Maios es te fin de semana

Un ano máis a sociedade cultural e veciñal Nautilius, de San Andrés de Comesaña, organiza a tradicional festa dos maios. Os participantes do desfile partirán ás 18.00h dende o torreiro, xunto á Igrexa, e o percorrido rematará no centro da sociedade cultural onde haberá animación e festa para todos.

O domingo, día 13, a partir das 17.00h, os veciños poderán desfrutar da actuación de CÉ, ORQUESTRA PANTASMA, ou máis coñecido como o home orquestra, no centro da sociedade veciñal Nautilius. (Sanín nº54). A entrada é libre e o espectáculo é para todos os públicos.

También te puede interesar